Mar, 05/07/2022

Curso de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira

Ortigueira

O Issga organiza 6 cursos gratuítos de 15 horas de duración, de carácter teórico-práctico, que se distribúen en tres xornadas, co obxectivo de proporcionar unha formación específica en prevención dos riscos laborais ás persoas traballadoras e profesionais do sector forestal e da actividade de silvicultura, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia e dunha cultura preventiva para e diminuír os accidentes laborais no sector.

As datas e lugares de realización dos talleres son:

  • Ourol: 27, 28 e 29 de xuño. De 09.00 a 14:00 horas

  • Vilalba: 30 de xuño e 1 e 4 de xullo. De 16,00 a 21,00 horas

  • Ortigueira: 5, 6 e 7 de xullo. De 16,00 a 21,00 horas.

  • Tomiño: 11, 12 e 13 de xullo. De 09.00 a 14:00 horas

  • Valdoviño: 18, 19 e 20 de xullo. De 09.00 a 14:00 horas

  • Esgos: pendente

PROGRAMA

  • A seguridade e a saúde no traballo (0,5 horas)
  • A prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal (2 horas)
  • Os equipos de protección individual (EPI) (1 hora)
  • Planificación dos traballos de aproveitamento (1 hora)
  • Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente (0,5 horas)
  • Prácticas de manexo seguro da motoserra (5 horas)
  • Prácticas de manexo seguro da rozadoira (5 horas)

Para ter máis información e inscribirse, ver o documento que se anexa ou contactar en:

Listado de Pdf's