Biblioteca

Guía de boas prácticas de prevención de riscos laborais en explotacións de gando vacún

As explotacións de gando vacún na nosa comunidade autónoma teñen unha serie de características e peculiaridades propias que cómpre ter en conta á hora de deseñar unha axeitada política preventiva neste ámbito laboral. Deste xeito, a dispersión xeográfica da actividade, o carácter familiar da maior parte das explotacións, a elevada porcentaxe de traballadores e traballadoras por conta propia existentes no sector, o envellecemento da man de obra, a diversidade de tarefas que hai que realizar, o traballo en contacto continuo con animais e a escasa formación en materia de prevención de riscos laborais, convértense en factores importantes neste sector que non se poden obviar.

A finalidade desta publicación é proporcionar unha ferramenta para mellorar as condicións de traballo das persoas traballadoras das explotacións de gando vacún, de xeito que desenvolvan as súas tarefas de xeito seguro e saudable.

Na guía se analiza a situación do sector gandeiro en Galicia, se indican consellos útiles e boas prácticas nas tarefas diarias, así como se recollen de xeito concreto aspectos relacionados coa muller no agro e a vixilancia da saúde.

Guía de boas prácticas de prevención de riscos laborais en explotacións de gando vacún