Biblioteca

Relatorios da xornada técnica 'O xénero na prevención de riscos laborais. Riscos e efectos das condicións de traballo na maternidade' nos Centros ISSGA de Lugo e A Coruña

O 28 e 29 de setembro de 2011 tivo lugar nos centros  ISSGA de Lugo e A Coruña unha xornada técnica sobre "O xénero na prevención de riscos laborais. Riscos e efectos das condicións de traballo na maternidade"

A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida polos seguintes relatores:

PRL dende a perspectiva de xénero: marco normativo. Algúns datos estatísticos.
Nieves Lorenzo Espeso. Xefa do equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro do ISSGA da Coruña e vogal da CI.

A perspectiva de xénero na Estratexia PRL Galicia, 2011-2014 e no Plan ISSGA 2011. Avance dalgúns indicadores. 
Myriam Garabito Cociña. Xefa de sección de Análises Clínicos do Centro do ISSGA de Lugo e vogal da CI.

Directrices para a avaliación de riscos e a protección da maternidade no traballo.
Dolores Solé Gómez. Centro Nacional de Condiciones de Trabajo Barcelona. INSHT

Plans de igualdade nas empresas. 
Mª Elisa Fernández Pampillón. Xefa do Servizo da Unidade Administrativa de Igualdade. Secretaria Xeral. Consellería de Traballo e Benestar e vogal da CI.

Mesa redonda: Integración das políticas de igualdade en PRL.
Mª Jesús Copa Arias. Xefa de sección de Ergonomía e Psicosocioloxía do ISSGA e secretaria da CI.