Campaña encamiñada a reducir os accidentes de tráfico no ámbito laboral, accidentes que constitúen unha porcentaxe moi elevada das mortes e feridos laborais.
As estatísticas indícannos que, mentres os accidentes de tráfico foron reducíndose, o peso dos sinistros de tráfico no ámbito laboral aumentou. Por iso, preparamos xunto ao Real Automóbil Club de España - RACE, unha campaña de sensibilización e formación de seguridade viaria na empresa como soporte para empresas que queiran introducir plans de seguridade viaria no marco da prevención de riscos laborais, “Un condutor formado é un condutor seguro”.