O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) celebrou o 27 de maio no seu centro emprazado en Ourense, unha xornada técnica sobre “O risco de ATEX, máis frecuente do que pensamos”.
A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida polos seguintes relatores:
Tema: O risco de ATEX: sectores de risco, normativa e enfoques preventivos.
Relator: Francisco Javier de Gea Rodríguez. Director de LPG prevención y protección de explosiones.
Tema: O risco de ATEX, perspectiva dende un servizo de prevención alleo.
Relator: José Luis Lucas Sánchez. Especialista en materia de ATEX a nivel nacional da Sociedade de Prevención de Ibermutuamur.
Tema: A implantación das medidas preventivas nunha empresa con risco de ATEX.
Relator: Borja Nóvoa Castro. Xefe do servizo de prevención do Grupo COREN.