Con motivo da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, promovida pola Axencia Europea e a súa rede de Centros nacionais co obxecto de sensibilizar sobre os riscos en materia de seguridade e saúde no traballo, así como da difusión de Boas Prácticas nos lugares de traballo en toda Europa, tivo lugar o 25 de outubro no Centro ISSGA de Lugo, a xornada técnica ‘Equipos a presión. Condicións de seguridade industrial e laboral. Marco normativo. Caldeiras’.
A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida polos seguintes relatores:
- As actividades de mantemento. Riscos para a seguridade e a saúde dos traballadores.
Relatora: Ana Fraga Prado. Xefa da sección de seguridade do ISSGA en Lugo.
- Caldeiras e Instalacións. Condicións de seguridade e enfoque preventivo.
Fernando Barrera Nadela. Técnico de prevención de riscos laborais