Neste novo documento incluído na colección dos Atende do Issga, recóllense os principais riscos e medidas preventivas asociados os traballo en granxas avícolas.
A finalidade desta publicación é proporcionar unha ferramenta para mellorar as condicións de traballo das persoas traballadoras nas granxas avícolas, de xeito que desenvolvan as súas tarefas de xeito seguro e saudable.
Edítase en varios formatos: folleto, tríptico e cartel, e recolle os seguintes aspectos:
- Riscos nos lugares de traballo
- Riscos nas atmosferas de traballo
- Utilización de equipos
- Equipos que se desprazan
- Riscos por contactos eléctricos
- Trastornos musculoesqueléticos e manipulación de cargas
- Hixiene nos lugares de traballo
- Riscos derivados dos produtos químicos
- Exposición a contaminantes biolóxicos
- Enfermidades transmitidas polos animais (zoonose)
- Normas de hixiene
- Perspectiva de xénero
- Medidas de emerxencia
- Primeiros auxilios
- Alerxias. Alcol e outras drogas
- Sinalización
- Equipos de protección individual
- Lexislación básica