Nesta segunda Folla de Prevención, dedicada ao amianto, que debe ser considerada xuntamente coa primeira, lístanse aqueles traballos nos que é especialmente previsible que poida haber exposición ás fibras do amianto, recóllense os valores límites de exposición e descríbense as principais medidas e actividades preventivas que se deben adoptar, tanto antes do seu comezo como durante a realización e ao remataren os traballos.
A súa autora é Lucía Ferrón Vidán, doutora en Bioloxía e Técnica superior de Prevención de Riscos Laborais do ISSGA.