Noticias

Jueves, Octubre 26, 2017

Participamos en Vigo na xornada final da campaña de concienciación e sensibilización sobre dispositivos de salvamento e rescate nos buques pesqueiros de Galicia

Vigo, 26 de outubro de 2017. A Fundación para a Pesca e o Marisqueo - FUNDAMAR, co apoio da Xunta de Galicia, no seu obxectivo de seguir fomentando a seguridade marítima no sector pesqueiro, puxo en marcha ao longo do 2017 a “Campaña de concienciación e sensibilización sobre dispositivos de salvamento e rescate nos buques pesqueiros de Galicia”.

Durante a mesma, realizáronse accións de sensibilización a bordo de buques de pesca, co obxectivo de sensibilizar ás tripulacións e armadores de realizar revisións e inspeccións sobre os dispositivos de salvamento e rescate nas súas embarcacións.

Tras as accións de sensibilización, elaborouse un informe de conclusións que será presentado publicamente nunha a xornada que ten lugar hoxe na Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo.

O ISSGA colabora nesta actividade coa participación de Diego Castro Balboa, técnico do Centro Issga de Pontevedra, nunha mesa de debate sobre os dispositivos de salvamento e rescate nos buques pesqueiros.

Os Lembra do Issga_Pesca_Uso de dispositivos de salvamento e supervivencia en embarcacións de pesca

A dispoñibilidade a bordo de dispositivos individuais de salvamento é fundamental, co fin de evitar perdas humanas en caso de naufraxio da embarcación. O tipo e o número destes dispositivos estarán en función da embarcación e do número de tripulantes da mesma.

Esta publicación editada polo ISSGA completa a serie Os Lembra do Issga e se suma as xa editadas ata agora das dedicadas a este sector de tanta transcendencia na nosa comunidade autónoma, fomentando e contribuíndo así á mellora das condicións laborais dos traballadores do sector.