Noticias

Martes, Octubre 31, 2017

Onte participamos nunha actividade formativa sobre boas prácticas de saúde laboral para mariscadoras e redeiras na Confradía de Cedeira

Cedeira, 30 de outubro de 2017.- Presentamos as publicacións elaboradas polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) coas que se pretende mellorar a saúde deste sector.

As guías desenvolveuse a partir dun estudo médico epidemiolóxico realizado nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra con recoñecementos médicos dos que se emitiron informes individualizados cos resultados do exame e as recomendacións e consellos sanitarios. A raíz deste estudo, analizáronse os datos e elaborouse a guía con conclusións e propostas preventivas.

É importante destacar a participación e implicación de confrarías, federación e asociacións de redeiras, e as propias traballadoras que fixeron posible este traballo colectivo.

Xa se fixo unha primeira difusión a través da Federación Galega de Redeiras que as distribuíu entre as asociacións federadas.

Os documentos recollen os principais riscos laborais, os efectos sobre a saúde e consellos útiles para previlos. Os riscos neste sector están asociados na súa gran maioría a doenzas relacionadas con trastornos músculo esqueléticos cunha orixe na carga física, ao que se suma as condicións de traballo como os movementos repetitivos, posturas forzadas e mantidas no tempo, manipulación de cargas e aplicación de forzas.