Noticias

Martes, Marzo 06, 2018

O Centro Issga da Coruña acolleu á segunda das xornadas sobre equipos de protección individual con máis de 100 asistentes

O Centro Issga da Coruña acolleu á segunda das xornadas sobre equipos de protección individual con máis de 100 asistentes
  • Durante estas xornadas, hoxe no Centro Issga da Coruña e onte no de Pontevedra, realizadas en colaboración con Asepeyo, abordáronse desde o punto de vista práctico o uso dos EPI, en especial os de protección respiratoria.

A Coruña, 6 de marzo de 2018. O Real Decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual, traspón ao ordenamento xurídico español a Directiva Europea 89/656/CEE, do 30 de novembro de 1989.

O empresario estará obrigado a determinar os postos de traballo nos que deba recorrerse aos equipos de protección individual (EPI) conforme ao establecido no artigo 4 deste RD e precisar, para cada un destes postos, o risco ou riscos fronte aos que debe ofrecerse protección, as partes do corpo para protexer e o tipo de equipo ou equipos de protección individual que deberán utilizarse. A Lei de Prevención de riscos laborais no seu artigo 14.1 di que os traballadores teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.

Para empresarios e técnicos de prevención, as medidas preventivas a aplicar dentro marco lexislativo vixente, a variedade de traballos que se poden realizar e polo tanto os riscos aos que se esta exposto, fai en moitas ocasións difícil establecer as medidas adecuadas de protección e que sexan eficaces no tempo.

Durante estas xornadas, hoxe no Centro Issga da Coruña e onte no de Pontevedra, realizadas en colaboración con Asepeyo, abordáronse desde o punto de vista práctico o uso dos EPI, en especial os de protección respiratoria, a súa necesidade, selección, comprobación de axuste, validación, eficacia, situacións onde unha incorrecta elección e utilización pode xerar situacións de riscos e por último novidades técnicas