Noticias

Viernes, Abril 25, 2025

El ISSGA participa en la reunión del Grupo de Trabajo de la Estrategia Española de Seguridad y Salud en el Trabajo 2023-2027

imaxe plan de acción

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2025

O ISSGA participou hoxe na reunión do Grupo de Traballo da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027, celebrada en modalidade de videoconferencia. Na sesión, estiveron presentes Adela Quinzá-Torroja García e Encarnación Sousa Rodríguez, quen aportaron a súa experiencia e coñecementos neste ámbito. Na reunión, na que participaron  participación de Adela Quinzá-Torroja García e Encarnación Sousa Rodríguez   abordouse a aprobación de diversos proxectos de investigación enmarcados na EESST 2023-2027, co obxectivo de seguir promovendo entornos laborais máis seguros e saudables en todo o país.

Ademais, o encontro serviu para compartir información actualizada sobre as actuacións de sensibilización e prevención previstas no Plan de Acción 2025-2027, que establece unha serie de liñas estratéxicas e accións concretas para fortalecer a cultura da prevención, entre as que destacan  campañas de sensibilización, programas de formación específicos, melloras nas condicións de traballo e a promoción de innovación tecnolóxica para a prevención de riscos.

O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, reafirma o seu compromiso coa mellora continua das condicións laborais na nosa comunidade. Participando activamente nestes espazos de colaboración e diálogo, o instituto contribúe a impulsar políticas e accións que beneficien a toda a sociedade, promovendo a prevención de riscos laborais e a protección da saúde dos traballadores.