13/03/2017
1ª Edición 2017.Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico.
- Fecha: 13/03/2017 a 17/03/2017
- Duración: 35 horas
- Lugar de celebración: Centro ISSGA de Lugo
Duración
Estes cursos teñen una duración de 35 horas e desenvolven o programa formativo establecido no anexo IV-B) do citado regulamento - 30 horas, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero de 5 horas.
Integran o nivel básico da actividade preventiva as FUNCIÓNS seguintes:
- Promover os comportamentos seguros e a correcta utilización dos equipos de traballo e protección, e fomentar o interese e cooperación dos traballadores nunha acción preventiva integrada.
- Promover, en particular, as actuacións preventivas básicas, tales como a orde, a limpeza, a sinalización e o mantemento xeral, e efectuar o seu seguimento e control.
- Realizar avaliacións elementais de riscos e, no seu caso, establecer medidas preventivas do mesmo carácter compatibles co seu grao de formación.
- Colaborar na avaliación e o control dos riscos xerais e específicos da empresa, efectuando visitas para o efecto, atención a queixas e suxestións, rexistro de datos, e cantas funcións análogas sexan necesarias.
- Actuar en caso de emerxencia e primeiros auxilios xestionando as primeiras intervencións para o efecto.
- Cooperar cos servizos de prevención, se é o caso.
Contido
1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.82. Riscos xerais e a súa prevención.
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
5. Primeiros auxilios.
6. Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.