Sicur_Salón Internacional da Seguridade
Madrid
Imaxe
Os días 20 a 23 de marzo de 2018 celébrase SICUR 2018. Este Salón Internacional da Seguridade reúne cada dous anos en Madrid a provedores de equipos e solucións de seguridade con toda a cadea de valor do sector e coa representación profesional dos usuarios de seguridade nos sectores público e privado.
A innovación e o desenvolvemento tecnolóxico protagonizan este encontro profesional que aborda a seguridade integral e desenvólvese en distintas áreas; Seguridade Contra Incendios e Emerxencias, Seguridade Laboral, Security, que engloba Seguridade Privada e Pública e Defensa.O próximo 22 de novembro organizamos no centro ISSGA de Ourense a xornada técnica "Riscos novos e emerxentes. Nanomateriais, biotecnoloxía e empregos verdes".