PREVISEL, 13º Salón da prevención e seguridade laboral
Ourense
Data de inicio: 11 de Abril , 2018
Data de fin: 12 de Abril , 2018
Ámbito: España
Lugar de celebración: Expourense_Ourense
En Previsel danse cita os expertos do sector co obxectivo de xuntar os seus coñecementos e esforzos en materia de prevención. Nesta cita a Administración, patronal e os sindicatos seguen traballando na mellora da cultura preventiva e hábitos saudables. O salón convértese un ano máis, nun punto de encontro de provedores e distribuidores e nunha oportunidade para os profesionais do sector co fin de intercambiar experiencias e actualizarse en torno aos últimos avances.
Previsel divídese en dúas áreas:
- Comercial: exposición de produtos e servizos.
- Formativa: o programa conta con xornadas técnicas e talleres orientados tanto ao empresario, coma a traballadores e futuros profesionais
- 11 de abril de 2018. 12:00 horas.
Taller práctico: solucións preventivas para os riscos en traballos en altura
- 12 de abril de 2018. 12:00 horas.
Seguridade laboral en traballos en laboratorio
2. Participación do persoal técnico do ISSGA en xornadas informativas:
- Xornada informativa "Gas radón: o perigo invisible. Exposición do marco lexislativo e aplicación práctica" - 11 de abril ás 09:45 horas
- Mesa redonda "A prevención de riscos para a saúde. Calidade do aire no ámbito laboral. Gas radón e os seus efectos sobre a saúde" - 12 de abril ás 10:00 horas