
O Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo celebrarase o 28 de abril. A Organización Internacional do Traballo (OIT) para o 2023 escolleu como lema “Unha contorna de traballo seguro e saudable é un principio e un dereito fundamental no traballo” .
En xuño de 2022, a Conferencia Internacional do Traballo (CIT) decidiu incluír "unha contorna de traballo seguro e saudable" no marco de principios e dereitos fundamentais no traballo da OIT.
A Resolución sobre a inclusión dunha contorna de traballo seguro e saudable no marco da OIT relativo aos principios e dereitos fundamentais no traballo de 2022 recoñece a importancia do diálogo e a cooperación entre os interlocutores sociais. Sinala que “para lograr unha contorna de traballo seguro e saudable, requírese a participación activa dos Gobernos, os empregadores e os traballadores mediante un sistema de dereitos, responsabilidades e deberes ben definidos, así como mediante o diálogo social e a cooperación”.
Nesta ocasión, o Convenio sobre seguridade e saúde dos traballadores, nº 155, e o Convenio sobre o marco promocional para a seguridade e saúde no traballo, nº 187, foron declarados convenios fundamentais. Son totalmente complementarios e reflicten os principios, deberes e dereitos pertinentes para garantir unha contorna de traballo seguro e saudable.
Conteñen disposicións de alcance xeral que abarcan todas as ramas de actividade e todo o persoal traballador, independentemente do tipo de perigo que se poida expor, e serven de base para as medidas de seguridade e saúde no traballo (SST) previstas noutros instrumentos específicos.
As disposicións do Convenio núm. 187 complementan os principios fundamentais do Convenio núm. 155, e integran un plan de melloras progresivas e sostidas para a provisión de contornas de traballo seguros e saudables.
Xuntos, os Convenios núms. 155 e 187 establecen os principios xerais para o establecemento dun enfoque sistémico da xestión da SST. O Convenio núm. 155 esixe a adopción dunha política nacional coherente na materia. Tamén esixe que se tomen medidas a nivel nacional e a nivel de empresa, definindo as principais responsabilidades, deberes e dereitos relacionados coa seguridade e a saúde. O Convenio núm. 187 adopta un enfoque sistémico para a promoción de contornas de traballo seguros e saudables, centrándose no establecemento de políticas, sistemas e programas nacionais, con miras a promover unha cultura nacional de prevención en materia de SST. Este enfoque sistémico debería aplicarse tendo en conta os principios establecidos nos instrumentos específicos.
O principio de prevención é fundamental para a seguridade e a saúde e está ben reflectido nos Convenios núms. 155 e 187, así como noutros instrumentos sobre a materia. Por exemplo, o Convenio núm. 155 establece que a política nacional «terá por obxecto previr os accidentes e os danos para a saúde». O Convenio núm. 187 recoñece que ao principio de prevención débeselle conceder a «máxima prioridade».
Os Convenios núms. 155 e 187 fan fincapé na participación dos empregadores e o persoal traballador, mediante disposicións expresas sobre a consulta e a cooperación no proceso de toma de decisións.
Por mor desta decisión, todos os Estados membros, aínda que non ratificasen os convenios en cuestión, teñen a obrigación, derivada do feito mesmo da súa pertenza á organización, de respectar, promover e realizar, de boa fe e de conformidade coa Constitución da OIT, os principios relativos aos dereitos fundamentais que son obxecto dos devanditos convenios.
Con motivo desta celebración dende a Xunta de Galicia se emite unha declaración institucional e se organiza, participa e colabora, a través do ISSGA, en diversas eventos, actividades formativas e actos que se indican a continuación:
ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO – 28 DE ABRIL
1. ORGANIZADAS DIRECTAMENTE POLO ISSGA
Centro ISSGA_PONTEVEDRA
27 de abril de 2023
Xornada técnica “Seguridade na instalación e mantemento de paneis solares”
10.30 – 13.15
O aumento da sinistralidade laboral que ten como causa as caídas de altura xunto coa crecente instalación de paneis solares en todo o territorio fai necesario realizar esta xornada técnicas que ten como obxectivo concienciar sobre a adopción das medidas de seguridade para evitar as caídas de altura tanto durante a instalación como durante a fase de mantemento de paneis solares en cubertas.
Así mesmo, é importante incidir na correcta aplicación da lexislación en prevención de riscos laborais por parte das empresas que están realizando estes traballos.
Na segunda parte da xornada técnica ofrecerase o punto de vista tanto dende a coordinación de seguridade e saúde laboral como dende unha empresa fabricante e un instalador respecto da importancia dos medios de protección na instalación de paneis solares.
Aula de Risco Eléctrico
As visitas a esta aula teñen por obxecto fundamental mellorar a formación e habilidades prácticas sobre risco eléctrico. A súa dotación de equipos e medios auxiliares permiten unha explicación práctica dos materiais e equipos utilizados nas tarefas habituais que deben realizarse na reparación e mantemento das instalacións eléctricas en alta tensión nun entorno seguro así como a simulación de sistemas de posta a terra e da arquitectura dunha rede eléctrica de media tensión e a súa posterior transformación e distribución en baixa tensión.
A aula está a disposición da comunidade educativa, que imparta ciclos da familia da electricidade e que aposten decididamente pola formación práctica como ferramenta para a adquisición de habilidades preventivas e concienciación sobre o risco eléctrico para reducir os accidentes laborais neste ámbito.
Está programada a seguinte visita:
Colexio Las Acacias – Montecastelo
2 grupos de 15 alumnos/as
11.00 – 13.00
Escola Galega de Prevención
Configúrase coma un espazo educativo específico para a introdución dos contidos sobre PRL na poboación escolar de Galicia. Busca incentivar actitudes e hábitos seguros entre os escolares dun xeito ameno, didáctico e divertido que permita inculcar condutas seguras e saudables nunha liña de anticipación aos riscos laborais aos que terán que enfrontarse no futuro.
A actividade principal da escola desenvólvese nun espazo dividido en tres zonas diferenciadas por cores (equipamento, audiovisual e documentación/actividades) nas que a información estrutúrase en catro grandes bloques temáticos: na casa, na rúa, na escola e no fogar.
Este ano retomouse a actividade normal da Escola, comenzando xa as visitas e prevendo a asistencia de máis dun centenar de nenos e nenas que se sumen aos máis dun milleiro que xa pasaron por este espazo.
Está programada a seguinte visita:
Colexio Las Acacias – Montecastelo
1 grupos de 17 alumnos/as
11.00 – 13.00
28 de abril de 2023
Aula de Risco Eléctrico
Está programada a seguinte visita:
Colexio Vigo
2 grupos de 17 e 20 alumnos/as
11.00 – 13.00
Escola Galega de Prevención
Está programada a seguinte visita:
Visita do colexio Vigo
1 grupos de 19 alumnos/as
11.00 – 13.00
2. PARTICIPACIÓN DO ISSGA NOUTROS EVENTOS E ACTIVIDADES
V Congreso Internacional de seguridade e saúde no traballo_Bilbao
O ISSGA participa cun stand informativo neste evento organizado por Osalan - Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laboral do Goberno Vasco con motivo do seu 30º aniversario, que terá lugar os días 24 e 25 de abril.
Ademais, Nieves Lorenzo Espeso, xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do ISSGA – participa nun mesa sobre a enfermidade profesional: plataforma interautonómica.
23º Congreso Internacional ORP_Bilbao
Terá lugar do 26 ao 28 de abril .
Adela Quinzá-Torroja, xerente do ISSGA, participará nunha mesa de debate sobre ética, traballo e saúde.
Foro técnico de PRL_Confederación de Empresarios de Galicia
Terá lugar na Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de Sabón-Arteixo o 28 de abril de 10.00 a 11.30
Participación do ISSGA na inauguración e para ofrecer a súa visión dende a PRL no marco actual así como o seu plan de actuación. Adela Quinzá-Torroja, xerente do ISSGA e José Rega, xefe do Centro Issga_A Coruña
Xornada técnica “A pé de monte con seguridade”
Terá lugar no Edificio Impulso Verde de Lugo e está organizada por LugoMadera de 09.00-14.00 horas.
Participará Gema Bertoa_técnica do centro ISSGA_Lugo nunha mesa sobre a mellora continua na planificación e xestión preventiva nas empresas do sector forestal.
3. CAMPAÑAS
Difusión en medios da capaña Traballa equilibradaMENTE.