Biblioteca

Relatorios da xornada técnica "GHS e o novo regulamento europeo sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de sustancias e mesturas" que tivo lugar nos Centros da Coruña e Rande.

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) celebrou nos seu centros provinciais da Coruña e Pontevedra (Rande), o 17 e 18 de decembro de 2010, respectivamente, sendas xornadas sobre o novo sistema global harmonizado de clasificación, envasado e etiquetaxe de produtos químicos e o novo Regulamento Europeo polo que se adopta ese sistema.

A xornada, organizada en colaboración con Mutua Universal, estivo dirixida a empresarios, traballadores autónomos, mandos intermedios e técnicos de prevención de riscos laborais.

A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida polos seguintes relatores:

  • Montserrat Vega Castillo, responsable de Risco Químico do departamento de Prevención de Riscos Laborais de Mutua Universal.