O ISSGA instalou un stand no Salón Previsel (Expourense - Ourense) especialmente adicado á prevención no sector agro gandeiro e forestal.
Así mesmo, o Instituto levou a cabo dous obradoiros, un sobre a seguridade na maquinaria, as enfermidades profesionais e os riscos na xestión de residuos nas explotacións agrarias; e outro para presentar a colección do ISSGA: prevención fronte aos riscos nos traballos do sector agroforestal.