Mapa de risco químico. Sector industrial

Nesta publicación preséntanse e analízanse os resultados da execución do programa de redución (PR) denominado “Mapa de risco químico de Galicia” reflectido no Plan de actividades do
Issga nos anos 2010, 2011 e 2012 (código PR 15) e 2013 (código PR 12), cuxo contido se detalla no anexo II.
Este programa deulle cumprimento ao obxectivo 6, liña 1.4, do Plan estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014, que redefiniu os obxectivos na materia despois de seren pactados
no seo do diálogo social en Galicia. Así mesmo, cumpre cunha das funcións do Issga recollidas na Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
(artigo 4.K).

Plan estratéxico 2011-2014:

“Obxectivo 6: mellorar o nivel do coñecemento, análise e investigación en materia de seguridade e saúde laboral.

Liña 1: Adquisición e difusión da información

1.4. Impulsar a investigación sobre saúde laboral e prevención de riscos laborais”.

Lei 14/2007, artigo 4.k):

“Efectuar estudos, informes e asesoramento técnico sobre postos, locais e centros de traballo, materias primas e produtos intermedios e finais, na medida en que poidan supor riscos para a saúde
das traballadoras e dos traballadores”.

Mapa de risco químico. Sector industrial