É a segunda de tres publicacións que se van dedicar aos primeiros auxilios.
Facilita información sobre as hemorraxias: concepto, clasificación, normas xerais de actuacións, presión directa sobre unha ferida sen ou con obxectos incrustados, compresión arterial a distancia, torniquete, así como definición e actuacións dalgunhas hemorraxias: internas, nasal, oído, boca, etc.
A súa autora é Silvia María Bacaicoa Ripa, técnica superior de prevención de riscos laborais do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.