Folla de prevención nº 38 – Riscos psicosociais no ámbito educativo

Nela defínese o bullying, se explica o proceso no que un neno se converte en agresor ou agredido así como a actuación que hai que ter tanto coa vítima, coma cos agresores, cos observadores e coas familias.

Este tipo de violencias caracterízanse pola dificultade á hora de identificalas, polo que é moi importante que os centros dispoñan de protocolos de actuación fronte a elas, onde se reflicta   a forma de intervir e os pasos que hai que seguir cando se detecte un caso. Todos os que interveñen no proceso educativo está obrigados a preocuparse por este problema e a concienciarse da importancia que ten.

Esta folla ten como obxectivo que no ámbito educativo se tome conciencia deste tipo de condutas, de maneira que se poidan poñer en marcha as medidas axeitadas para tratar de evitalos, ou cando isto no fose posible, de minimizar as súas consecuencias.

O seu autor é Juan Manuel Rodríguez Lorenzo, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral – ISSGA.

Folla de prevención nº 38 – Riscos psicosociais no ámbito educativo