Presentación

O SARS-CoV-2 é un novo tipo de virus pertencente á familia dos coronavirus que pode afectar ás persoas causándolles a enfermidade COVID-19.

Coa evidencia científica acumulada, considérase que o  SARS- CoV-2 pode transmitirse principalmente de persoa a persoa polo contacto e inhalación das pingas e aerosois respiratorios emitidos por unha persoa enferma ata as vías respiratorias superiores e inferiores doutra persoa susceptible e tamén por contacto indirecto ao tocar superficies ou obxectos contaminados (fómites) coas secrecións respiratorias dunha persoa enferma e despois levar a man á boca o nariz ou os ollos .

O risco de transmisión por  bioaerosois aumenta na distancia curta, en contornas pechadas e concorridas, especialmente mal  ventiladas, e cando se realizan actividades que aumentan a xeración de aerosois como facer exercicio físico, falar alto, gritar ou cantar.

Os síntomas máis comúns son febre, tose, debilidade xeral, sensación de falta de aire, dor de gorxa, dores musculares, diarrea ou vómitos, dor de cabeza, diminución do olfacto e o gusto. A maioría dos casos presentan síntomas leves e pode haber persoas que non presenten síntomas. En casos máis graves a infección pode causar pneumonía, dificultade importante para respirar, fallo renal e mesmo o falecemento.

Unha porcentaxe de persoas poden padecer COVID persistente ou long COVID trala infección,  neste caso os síntomas da COVID-19 prolónganse durante semanas ou meses, ou reaparecen despois de estar un tempo sen telos. O feito de que apareza non está relacionado coa gravidade da infección inicial. Asóciase cunha gran variedade de síntomas superpostos que van dende dor torácica e muscular xeralizada, fatiga, dificultade para respirar a problemas dixestivos, dermatolóxicos e neurolóxicos entre outros.

A evidencia actual indica que as diferentes vacinas dispoñibles contra a COVID-19 son eficaces para reducir a infección sintomática e  asintomática, a enfermidade leve, moderada e grave, e a mortalidade. Con todo, sábese que a inmunidade que xeran non impide de forma completa a replicación do virus na  mucosa das vías respiratorias superiores do suxeito vacinado e a eficacia das vacinas non chega ao 100 % polo que as medidas preventivas continúan sendo necesarias: cumprir coas medidas de hixiene, limpeza e ventilación, distancia de seguridade e respectar as medidas de illamento e corentena que fosen indicadas polo persoal sanitario.

A nova Estratexia de vixilancia e control da COVID-19, tras a fase aguda da pandemia, focalízase na vixilancia das situacións específicas que inclúen fundamentalmente persoas con criterios de vulnerabilidade (persoas de 60 ou máis anos, inmunodeprimidos, embarazadas, etc.) ou relacionadas con ámbitos vulnerables (centros sanitarios asistenciais, centros sociosanitarios, centros de día, etc.) e as que precisan ingreso hospitalario.

Neste portal compílanse as actuacións levadas a cabo polo ISSGA dende que a OMS declarou a pandemia mundial polo SARS-CoV-2 (11 de mazo de 2020) como  son as campañas, documentos técnicos, guías, folletos e carteis con recomendacións preventivas. Por outra banda recóllese información e documentación de referencia nesta materia procedente de organismos oficiais e organizacións de recoñecido prestixio, así como a ligazón ás súas páxinas web. O obxecto final é proporcionar ferramentas e información fiable aos axentes sociais, ao tecido empresarial e ás persoas traballadoras sobre as medidas preventivas necesarias para minimizar o risco de contaxio no ámbito laboral nas diferentes fases da pandemia.

Percorrido normativo

 

España declarou en dúas ocasións o estado de alarma en todo o seu territorio para poder adoptar determinadas medidas restritivas e conter a propagación do virus, o primeiro foi polo RD 463/2020 e estendeuse dende o 14/03/2020 ao 21/06/2020 e o segundo foi polo RD 926/2020 e dende o 25/10/2020 ao 09/05/2021. Asemade, o 13/03/2020 Galicia declaraba a situación de emerxencia sanitaria e activaba o Plan territorial de emerxencias. O 15/06/2020 o territorio galego entraba na denominada “nova normalidade” (Decreto 90/2020) e a Resolución do 12/06/2020 establecía as medidas preventivas necesarias para facer fronte á crise sanitaria que se ían adaptando á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria mediante diferentes disposicións normativas.

Durante o segundo estado de alarma ditáronse diferentes ordes, resolucións e disposicións pola presidencia da Xunta de Galicia para afrontar a crise e, unha vez finalizado, a Consellería de Sanidade continuou adoptando medidas específicas que tiveron efecto ata o levantamento da declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego que se produciu o 21/10/2021. No entanto, continúa a situación de crise sanitaria e son de aplicación as medidas contidas na Lei estatal 2/2021, do 29 de marzo e as establecidas pola autoridade sanitaria autonómica.

En Galicia no momento actual mantéñense determinadas medidas específicas nos centros hospitalarios, centros sociosanitarios, residenciais de maiores e de persoas con discapacidade, así como a obrigatoriedade do uso da máscara nestes espazos, nos establecementos sanitarios e no transporte público, tal e como se regula a nivel estatal no Real decreto 286/2022, de 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso da máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

 

Unidade de referencia COVID -19

A irrupción de forma precipitada e inesperada da crise sanitaria provocou que  as persoas e organizacións que continuaban desenvolvendo a súa actividade se atopasen ante un escenario de inseguridade e desconcerto provocado pola ausencia de orientacións sobre como protexerse no traballo e o medo a contraer a enfermidade.

Neste contexto o ISSGA como órgano técnico de referencia especializado en materia de prevención de riscos laborais, marcouse como actuación prioritaria e necesaria dar resposta, en especial ás pequenas e medianas empresas e ao emprego autónomo, e dedicou a isto boa parte dos seus recursos, asumindo o reto de dar directrices sobre como abordar un gran problema saúde pública,  irremediablemente inserido na contorna laboral. 

A actuación do instituto foise estendendo a diferentes sectores e colectivos mediante:

  • a elaboración de guías e recomendacións preventivas procurando a participación dos axentes sociais,
  • a publicación de documentos aclaratorios de carácter técnico,
  • o asesoramento ás unidades directivas da Xunta de Galicia en diferentes aspectos,
  • o establecemento dunha liña de resposta para as consultas técnicas relacionadas coas medidas e medios de protección fronte á COVID-19.

A unidade de referencia COVID-19 do ISSGA plasma formalmente o traballo levado a cabo dende que comezou a pandemia e que ocupou boa parte do traballo do instituto.  A súa creación foi posible grazas á  previsión recollida nos estatutos do ISSGA aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro, nos que se contempla a posibilidade de crear outras unidades de referencia nas distintas disciplinas preventivas de considerarse necesario, co obxecto de optimizar os recursos existentes e debido ás demandas en seguridade e saúde laboral.  

A creación da unidade recolleuse na disposición derradeira primeira do Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade. Constituíuse como órgano de carácter transitorio a través do que se foron canalizando e difundindo as actuacións do Issga para afrontar a emerxencia sanitaria derivada da COVID-19 co obxectivo de asesorar tecnicamente e dar apoio no eido da prevención de riscos laborais por mor da pandemia en Galicia.

Confórmase abranguendo basicamente as áreas técnicas de Hixiene Industrial e Medicina do Traballo, máis directamente implicadas nas demandas provocadas pola emerxencia sanitaria na contorna laboral, pero sen excluír o necesario apoio das áreas de Ergonomía e Psicosocioloxía aplicadas, Seguridade no Traballo e Formación, Divulgación e Documentación.

Trátase dunha unidade interna do ISSGA pero tamén ten en conta a necesaria coordinación coa autoridade sanitaria, e pretende ser referencia para os distintos actores da prevención no ámbito laboral e dar apoio ás solicitudes en materia de PRL formuladas polas distintas unidades directivas da Xunta de Galicia.

Os seus beneficiarios son, ademais dos interlocutores sociais, os servizos de prevención de riscos laborais, as asociacións profesionais, as empresas, o emprego autónomo e as administracións públicas.

 

Información, documentación e ligazóns de interese

Unha vez declarada o 21 de outubro a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia e sen prexuízo da adopción polas autoridades competentes das medidas que sexan necesarias para a contención e control da pandemia derivada da COVID-19, de seguido clasificamos as ligazóns, información e documentación elaborada tanto polo ISSGA como por outros organismos en relación coa dita situación.

Documentos técnicos do ISSGA

Publicacións do ISSGA

Documentación posterior á finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia

Información sobre o uso da máscara por mor da publicación do Real decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obriga do seu uso durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19

Prevención e saúde laboral ante o coronavirus no COMERCIO

Medidas de prevención fronte á covid-19 nos centros de traballo tras o levantamento da situación de emerxencia sanitaria en Galicia

Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus

Prevención e saúde laboral ante o coronavirus nas OFICINAS DE EMPREGO

Documentación anterior á finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia

Información para a adquisición de máscaras hixiénicas reutilizables e máscaras autofiltrantes FFP2

Medidas para minimizar o risco de transmisión do SARS-COV-2 por aerosois

Folla de prevención Conxugar saúde laboral e saúde pública en tempos de pandemia

CHAVES para a prevención da COVID-19 na túa empresa

7 CHAVES para a prevención da COVID -19 na túa empresa

Guía básica ISSGA para a elaboración do PLAN DE CONTINXENCIA

Tratamentos de DESINFECCIÓN en locais comerciais e outras estancias en relación ao coronavirus

Campañas ISSGA

Teletraballa con prevención

 

Documentos doutros organismos e institucións

Procedementos, guías e criterios

Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao novo coronavirus (SARS- COV-2). Ministerio de Sanidade:
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/Proteccion_Trabajadores_SARS-CoV-2.pdf

Directrices de buenas prácticas para prevenir el riesgo de exposición laboral al coronavirus SARS-CoV-2 por actividades/sectores. INSST:
https://www.insst.es/el-instituto-al-dia/directrices-de-buenas-practicas-para-prevenir-el-riesgo-de-exposicion-laboral-al-coronavirus-sars-cov-2-por-actividades/sectores

Riesgos psicosociales y trabajo a distancia por Covid-19. Recomendaciones para el empleador - Año 2020. INSST:
https://www.insst.es/documentacion/catalogo-de-publicaciones/riesgos-psicosociales-y-trabajo-a-distancia-por-covid-19.-recomendaciones-para-el-empleado

Orientaciones ergonómicas para trabajos a distancia con ordenador debido al COVID-19 - Año 2020
https://www.insst.es/documentacion/catalogo-de-publicaciones/orientaciones-ergonomicas-para-trabajos-a-distancia-con-ordenador-debido-al-covid-19

Criterio Técnico Nº 103/2020 sobre actuacións da Inspección de Traballo e Seguridade Social relativas á habilitación contida na Real Decreto-Lei 21/2020, do 9 de xuño, en relación coas medidas de prevención e hixiene para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 nos centros de traballo. Inspección de Traballo e Seguridade Social:
https://www.mites.gob.es/itss/ITSS/ITSS_Descargas/Atencion_ciudadano/Criterios_tecnicos/CT_103_2020.pdf

Instrucións xerais de actuación_COVID-19_Dirección xeral de Enerxía e Minas
http://issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/Actividade/MINERxA_PAUTAS_OU_INSTRUCIONS_XERAIS_e_ANEXO__M1.pdf

Actualización do procedemento de actuación na incapacidade temporal na atención primaria fronte á exposición ao novo coronavirus en Galicia. Consellería de Sanidade. SERGAS:
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/1095/Actualizacion_procedemento_xestion_IT_110522.pdf

Infografía_Sanidade

Máscaras: uso e requisitos

Real Decreto polo que se modifica a obriga do uso da máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19

Directrices sobre o uso das máscaras na comunidade autónoma de Galicia

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/directrices-uso-mascaras

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na comunidade autónoma de Galicia

https://coronavirus.sergas.es/Contidos/directrices-uso-mascaras-ambito-educativo

Directrices sobre o uso das máscaras nos centros sociosanitarios da comunidade autónoma de Galicia

https://coronavirus.sergas.es/Contidos/directrices-uso-mascaras-centros-sociosanitarios

Tabla resumen de productos: Equipos de protección individual (EPI), productos sanitarios (PS) y otros. Ministerio de Industria, Comercio e Turismo:
https://www.mincotur.gob.es/es-es/COVID-19/industria/GuiaFabricacionEpis/Generalidades/Tabla_resumen_de_productos_EPI_y_PS_v2.pdf

Preguntas frecuentes sobre mascarillas higiénicas (reutilizables y no reutilizables) en el contexto del COVID-19. Ministerio de Industria, Comercio e Turismo:
https://www.mincotur.gob.es/es-es/COVID-19/industria/Documents/Preguntas_frecuentes_mascarillas_higienicas_v3.pdf

Verificación de certificados/informes que acompañan a los EPI. INSST:
https://www.insst.es/documents/94886/712877/Verificaci%C3%B3n+de+certificados+o+informes+que+acompa%C3%B1an+a+los+EPI/1f104b83-1456-4c14-b1c0-20517f3174d1

Prevención vía aérea

Guía para reducir el contagio de COVID-19 por vía aérea en interiores. Ministerio de Ciencia e Innovación:

https://www.ciencia.gob.es/stfls/MICINN/Ministerio/FICHEROS/guia_para_reducir_riesgo_de_contagio.pdf

Recomendaciones de operación y mantenimiento de los sistemas de climatización y ventilación de edificios y locales para la prevención de la propagación del SARS-COV-2. Ministerio de Sanidad. Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico:

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/Recomendaciones_de_operacion_y_mantenimiento.pdf

Evaluacion del riesgo de la transmisión de SARS- CoV-2 mediante aerosoles. Medidas de prevención y recomendaciones: 

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/COVID19_Aerosoles.pdf

Documento Guía para ventilación en aulas CSIC:

https://www.ciencia.gob.es/stfls/MICINN/Ministerio/FICHEROS/guia_para_ventilacion_en_aulas_csic.pdf

Desinfección

Nota informativa sobre a eficacia da desinfección de equipos e produtos biocidas para previr a transmisión da COVID-19. Consellería de sanidade:
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/310/Nota_informativa_produtos_equipos_COVID19.pdf

Nota sobre la utilización de desinfectantes de uso profesional por las empresas de limpieza. Ministerio de Sanidade:
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/notaUtilizacionDesinfectantesUsoProfesional.pdf

Medidas higiénicas para la prevención de contagios del COVID-19. Ministerio de Sanidad:
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/Medidas_higienicas_COVID-19.pdf

Protección de datos (Axencia Española de protección de Datos)

Comunicado de la AEPD en relación con la toma de temperatura por parte de comercios, centros de trabajo y otros establecimientos:
https://www.aepd.es/es/prensa-y-comunicacion/notas-de-prensa/comunicado-aepd-temperatura-establecimientos

Comunicado de la AEPD sobre apps y webs de autoevaluación del Coronavirus:
https://www.aepd.es/es/prensa-y-comunicacion/notas-de-prensa/aepd-apps-webs-autoevaluacion-coronavirus-privacidad

Informe sobre os tratamentos de datos en relación co COVID-19:
https://www.aepd.es/es/prensa-y-comunicacion/notas-de-prensa/la-aepd-publica-un-informe-sobre-los-tratamientos-de-datos-en

 

Ligazóns

Ligazóns a organismos e institucións de referencia

Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia:
https://coronavirus.sergas.es/

Ministerio de Sanidade:
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/home.htm

Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo: Espazo COVID:
https://www.insst.es/espacio-campana-covid-19

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo:
https://www.mincotur.gob.es/es-es/COVID-19/Paginas/guias-para-fabricacion-de-mascarillas-y-ropa-de-proteccion.aspx

Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades (ECDC):
https://www.ecdc.europa.eu/en/novel-coronavirus-china

Organización Mundial da Saúde (OMS):
https://www.who.int/health-topics/coronavirus

 

Documentación técnica

Portada plan de actuación 2023 ISSGA
Plan de actuación 2023
Informe de actuacións e xestión 2020
Conxugar saúde laboral e saúde pública en tempos de pandemia
Conxugar saúde laboral e saúde pública en tempos de pandemia

Actualidade

28/04/2023
Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2023
23/04/2023
A Xunta conmemorará o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo cunha semana de actos
09/06/2022
A Xunta defende o benestar das persoas traballadoras ante os novos riscos laborais derivados dos procesos de...
23/11/2021
Xornada técnica "Riscos novos e emerxentes. Nanomateriais, biotecnoloxía e empregos verdes"
A Coruña