Coñece a nosa Escola
Descrición:
- Espazo educativo específico para a introdución dos contidos sobre a PRL na poboación escolar de Galicia
- Apoio e recurso pedagóxico para o traballo do profesorado na sensibilización da cultura preventiva
- Reforzo para a aprendizaxe de hábitos e actitudes cara a saúde e seguridade no traballo no futuro
Está configurada en dous espazos diferenciados:
- Zona de equipamento
-
Unha primeira sala de entrada que é onde se fai a introdución á visita e os rapaces e rapazas teñen que equiparse con chalecos e cascos de seguridade. Facemos a foto de grupo, preséntanse os conceptos de PRL e identifícanse os diferentes equipos de protección individual (EPI) por sectores mostrando roupas de traballo e outros accesorios.
Asemade, conta cunha zona audiovisual, contigua á anterior, dotada cunha pantalla de proxección onde se proxecta un vídeo cunha duración de dez minutos co obxectivo interactuar cos escolares tendo como fío condutor os conceptos e ideas explicadas previamente.
- Zona de documentación e actividades
-
Localízase nun espazo contiguo aos anteriores, onde se propoñen diferentes recursos para traballar os ámbitos da PRL e os riscos asociados a idade dos rapaces e rapazas, mediante xogos multimedia e documentación, xogos de manipulación para o coñecemento de diferentes profesións e diversos EPI.
Estas actividades céntranse, ademais da PRL, nos espazos que lles son propios aos rapaces e rapazas no seu día a día: o fogar, a escola e a rúa.
Traballamos aspectos como a prevención do acoso escolar ou bullying, o uso correcto da mochila, a importancia dun uso moderado dos dispositivos móbiles, as normas básicas de seguridade viaria, e a prevención dos principais riscos existentes no fogar.