Introdución

O Observatorio Galego de Condicións de Traballo configúrase como un espazo de xestión da información e análise das condicións de traballo en Galicia e os seus efectos sobre a seguridade e saúde laboral na poboación traballadora.

Nel se recollen e analizan os indicadores preventivos de maior relevancia, co obxecto de transformar a información en coñecemento, de xeito que apoie a toma de decisións en materia de PRL e condicións de traballo, tanto no eido técnico-científico como no social, para orientar as políticas públicas nesta materia e o seu consenso cos interlocutores sociais.

FINALIDADE DO OBSERVATORIO
  • Procesar e difundir a información dispoñible sobre a sinistralidade laboral en Galicia, con propostas de mellora respecto á PRL e condicións de traballo.
  • Elaboración de documentación estatística derivada do tratamento dos datos que atanen á sinistralidade laboral, entendendo tanto accidentes de traballo como enfermidades profesionais e enfermidades relacionadas co traballo.
  • Elaboración de informes, documentos técnicos e estudos das distintas disciplinas preventivas en PRL, que a súa vez son o resultado do traballo do persoal técnico do ISSGA a través de programas executados polo propio Instituto. Isto tendo en conta os sucesivos mandatos tanto das estratexias galegas en materia de SST, como dos plans anuais de actividades do ISSGA.
  • Realización de campañas, alertas e difusión de documentación técnica para a promoción da PRL e o mellor cumprimento da normativa.

Estatísticas estatais