Prevención de riscos no tractor

1.- Obxectivo da campaña

Esta campaña nace da necesidade de sensibilizar a poboación galega asentada no rural para que incorpore na súas tarefas cotiás a prevención de riscos para evitar accidentes na súa contorna e na circulación en vías públicas, derivadas do manexo do tractor.

En concreto, o obxectivo da campaña é chegar á poboación rural que utiliza o tractor coas seguintes mensaxes:

  • Alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros
  • Informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros
  • Achegar recomendacións básicas, que de terse en conta evitarían os accidentes, ou cando menos, minimizarían a súas consecuencias, xa que, desgraciadamente, moitas veces as lesións son graves e mortais

Son destinatarios desta campaña non soamente a poboación traballadora, xa que nunha porcentaxe moi elevada estes sinistros co tractor os sufren persoas que están fóra do ámbito laboral (persoas xubiladas, actividades de fin de semana), e cunha incidencia moi importante de accidentes na vía pública, é dicir accidentes de tráfico). Polo tanto os destinatarios son toda a poboación rural, dende os traballadores que utilizan o tractor ata o resto de persoas que realizan actividades no ámbito familiar e moi especialmente a poboación moza para que incorporen o valor da anticipación ao risco como xeito de evitar os perigos e os accidentes no manexo do tractor.

2.- Motivación

En Galicia hai un importante número de accidentes no medio rural que teñen o tractor como axente material, en moitos casos o resultado das lesión é grave ou mortal

A gran maioría destes sinistros non teñen a consideración de accidentes de traballo, xa que os sufren en gran número persoas maiores de 65 anos e nunha alta porcentaxe persoas con idade moito máis avanzada

As principais causas dos accidentes, sobre todo nos graves e mortais, é:

  • A envorcadura do tractor
  • O atrapamento na toma de forza
  • Accidentes de circulación

Como se observa do anterior, é relevante a incidencia dos accidentes que se producen nos desprazamentos na vía pública, que teñen a consideración de accidentes de tráfico, coa pecualirade de que ademais poden ter consecuencias para terceiros que circulen á vez pola mesma vía

Son factores que inciden na sinistralidade polo manexo do tractor en Galicia:

  • Importante dispersión xeográfica da poboación e elevada atomización e dispersión da propiedade
  • Significativo peso do sector agrario en Galicia e singularmente na provincia de Lugo
  • Envellecemento da poboación, especialmente no medio rural
  • Envellecemento do parque de maquinaria agrícola
  • Multiplicidade dos riscos no manexo do tractor: atrapamento por envorcadura, atrapamento entre obxectos, golpes contra obxectos en movemento, etc
  • A poboación exposta alcanza non só aos agricultores a título principal senón tamén: familiares directos, xubilados, agricultores a tempo parcial, outros traballadores non afiliados pola agraria, etc
  • Falta de horarios de traballo definidos, a dureza e exixencia física de moitos traballos agrícolas, factores ambientais, etc., que incide na sinistralidade do sector
  • Uso do tractor coma medio de desprazamento en zonas rurais
  • Situación especial cando o traballador autónomo contrata a un ou varios traballadores, de xeito que debe cumprir a Lei de prevención de riscos laborais

3.- Distribución territorial da campaña

Esta campaña estará presente en 119 concellos do medio rural galego das 4 provincias, coa seguinte distribución:

  • 35 na Coruña:

Melide, Santiso, Arzúa, Boimorto, Dodro, Padrón, Rianxo, Teo, Boqueixón, Touro, Vedra, Coirós, Carral, Oza-Cesuras, Abegondo, Bergondo, Oleiros, Ordes, Cerdeda, Betanzos, Paderne, Cerceda, Outes, Mazaricos, Negreira, Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Mugardos, Fene, Cabanas, Ortigueira, Cerdido, Moeche, San Sadurniño.

  • 30 en Lugo:

A Fonsagrada, Navia de Suarna, Castroverde, Becerreá, Baleira, Cervantes, Monforte de Lemos, Pantón, Ribadeo, Xove, Viveiro, Cervo, Foz, Barreiros, Burela, O Valadouro, A Pastoriza, Mondoñedo, Lourenzá, Abadín, Trabada, Outeiro de Rei, Rábade, Cospeito, Guitiriz, Vilalba, Xermade, Sarria, Láncara, Palas de Rei

  • 27 en Ourense:

Cartelle, Castrelo do Miño, Ribadavia, Cortegada, Celanova, Verea, Entrimo, Lobeira, Bande, Porqueira, Xinzo de Limia, Laza, Verín, Chandrexa de Queixa, Castrelo do Val, Vilariño de Conso, Vilardevós, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, A Rúa, Vilartín de Valdeorras, O Barco de Baldeorras, O Carballiño, Boborás, Avión

  • 27 en Pontevedra:

Tomiño, Gondomar, Porriño, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Tui, Ponteareas, As Neves, Arbo, A Cañiza, Crecente, Vilagarcía de Arousa, Portas, Ribadumia, Cambados, Vilanova, Meis, Barro, Moraña, Cadas de Reis, Cuntis, Meaño, Campo Lameiro, A Estrada, Silleda, Lalín, Vila de Cruces

 

A elección destes concellos faixe en función dos accidentes graves ou mortais que aconteceron dende o 2011 ata a actualidade, e que polo tanto son unha principal área de actuación para incidir nesta campaña.

Os documentos da campaña repartíronse nos seguintes puntos (en total 2.226 nos 119 concellos):

  • Casas do Concello
  • Centros de saúde e centros sociais
  • Farmacias
  • Comercios de maquinaria agrícola
  • Puntos de venda de material e produtos agrícolas
  • Centros educativos
  • Bares, cafeterías
  • Clínicas veterinarias
  • Cooperativas agrarias e gandeiras
  • Etc

Na provincia da Coruña tamén se fará un reparto dos documentos da campaña pola Garda Civil de Tráfico en centros educativos.

4.- Soportes

A campaña realízase en dous formatos, cartel e documento informativo, en soporte papel e vía web e redes sociais. Nos documentos recóllese a información técnica en catro ámbitos que se consideran os máis relevantes na prevención dos riscos e polas que se derivan da investigación destes accidentes con tractor como son:

  • A seguridade viaria
  • A protección da toma de forza e do eixo cardánico
  • As proteccións do tractor fronte a envorcadura
  • Medidas contra a envorcadura

a) Cartel

  • 3.000 exemplares impresos en galego
  • Versión dixital en galego e castelán
  • Descargar Cartel

b) Documento informativo