Introdución
Creado coma un instrumento de xestión da información e análise das condicións de traballo e os seus efectos sobre a seguridade e saúde laboral da poboación traballadora galega, recolle, e analiza os indicadores preventivos de maior relevancia, co obxecto de transformar a información en coñecemento, que apoie a toma de decisións en materia de prevención de riscos laborais e condicións de traballo, tanto no eido técnico-científico coma no social para orientar políticas na materia.
Obxectivos:
- Seguimento integrado da prevención de riscos laborais.
- Elaborar e publicar as estatísticas periódicas sobre sinistralidade.
- Investigación e impacto dos programas públicos en prevención de riscos laborais.
- Estruturar, manter, xestionar e difundir a información obtida.
- Levar a cabo análises dos riscos laborais dende unha perspectiva de xénero e en relación con colectivos de traballadores especialmente sensíbeis.
A través do Observatorio Galego de condicións de traballo dáse resposta ao establecido na Estratexia Galega de seguridade e saúde no traballo 2016-2020, principalmente co obxectivo 4, liña 4.1, medida 4.1 e); obxectivo 4, liña 4.1, medida 4.1 g); obxectivo 4, liña 4.2, medida 4.2 a); obxectivo 4, liña 4.2, medida 4.2 b); obxectivo 5, liña 5.1, medida 5.1 a) da estratexia.