Introdución

Recolle as monografías adicadas á prevención de riscos laborais en sectores específicos e outros estudos técnicos.

Monografías e Estudos técnicos

Guía para a Vixilancia da Saúde dos traballadores no Sector Agrario


A fiinalidade última deste documento é ofrecer, desde a mellor evidencia científica dispoñible e a opinión experta dos coñecedores do sector, ferramentas para mellorar a calidade da práctica da vixilancia específica da saúde dos traballadores do sector agrario.

Avaliación do risco psicosocial. Proxecto e resultados


Este proxecto está enmarcado dentro do Plan anual de actividades do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e este á súa vez faino no Plan estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014, onde entre as súas medidas se contempla o fomento da prevención e avaliación dos riscos psicosociais nas administracións ou organismos públicos. Así xorde coa intención de abordar o estudo da xestión de riscos psicosociais dende un punto de vista práctico, centrándose na fase de avaliación destes riscos.

Estudo dos accidentes laborais non traumáticos


Considéranse accidentes non traumáticos, aqueles acontecidos sen axente físico externo que cause lesións ao traballador. Son os infartos, derramos e outros accidentes que aínda que non teñen un mecanismo externo de produción, poden estar ligados ás condicións de traballo e, en todo caso, teñen a cualificación de accidentes de traballo ao producirse durante o desempeño deste.