Introdución

Recolle as monografías adicadas á prevención de riscos laborais en sectores específicos e outros estudos técnicos.
Recolle as monografías adicadas á prevención de riscos laborais en sectores específicos e outros estudos técnicos.
Dentro do Plan de actividades do Issga do ano 2015, a liña de actuación 2 que corresponde ao Observatorio galego de condicións de traballo, trata da evolución da sinestralidade laboral en Galicia. Na actuación inscríbese a publicación dun estudo sobre a sinestralidade laboral en Galicia cos datos dos accidentes nun período de dez anos. Inclúense os datos de sinistralidade laboral do periodo 2004 a 2013.
Do 2010 ao 2013 veuse rexistrando un continuo descenso da sinistralidade laboral; dende un total de 36.847 accidentes en xornada laboral notificados nos diferentes sectores no ano 2010 ata os 22.373 no ano 2013. Esta variación expresada de forma porcentual, supón unha diminución do 39,28% no número de accidentes, non sendo allea esta diminución á evolución da situación económica. A pendente na caída do número de accidentes rexistrados diminuíu entre os anos 2012 e 2013, sendo o descenso da sinistralidade entre estes dous anos do 5,42%.