Introdución

Recolle as monografías adicadas á prevención de riscos laborais en sectores específicos e outros estudos técnicos.
Recolle as monografías adicadas á prevención de riscos laborais en sectores específicos e outros estudos técnicos.
O estudo da accidentabilidade mortal das persoas traballadoras en Galicia ofrece información imprescindible para caracterizar os accidentes mortais acontecidos durante os últimos anos, o que permitirá deseñar e impulsar medidas específicas co fin de reducir a sinistralidade laboral e á súa vez, dar respostas e asesoramento efectivo e eficiente, tanto ás persoas traballadoras como aos empresarios galegos, para poder xestionar a prevención de riscos laborais de forma adaptada á realidade do noso territorio.
Neste estudo, mediante a análise dun conxunto de variables seleccionadas, coas cales se desagregan os datos dos accidentes laborais notificados, búscanse as posibles diferenzas da sinistralidade do persoal traballador dependendo da súa idade e especificamente naqueles de 55 anos e maiores.
Para a realización deste estudo utilizáronse os accidentes de traballo con baixa entre os anos 2012 e 2016 descartando os accidentes ocorridos in itinere, dividíndoos en dous grandes grupos: