Análise da sinistralidade laboral por accidentes de tráfico


Os accidentes de tráfico teñen un peso importante na estatística de sinistralidade laboral; a estrutura produtiva e a situación sociolaboral que non permite a localización dos traballadores nas proximidades do seu lugar de traballo, xunto cun maior número de traballadores que non teñen un lugar de traballo cunha situación xeográfica fixa, fai que a sinistralidade viaria laboral creza en relación ao conxunto dos accidentes laborais.
 
Este estudo vaise actualizando buscando co aumento de datos nunha serie temporal, poder ter unha maior certeza para obter conclusións que sirvan establecer medidas para a súa prevención e redución tendo en conta enorme importancia que ten o transporte por estrada tanto de mercadorías como de persoas na sociedade actual.
 
Os accidentes laborais de tráfico non se contabilizan de forma específica nos datos periódicos sobre sinistralidade. Estes accidentes non son unicamente os sufridos por profesionais cuxa xornada laboral transcorre na súa maior parte na estrada (transportistas, comerciais, condutores de autobuses, taxis, ambulancias, etc.) senón tamén daqueles que acontecen no traxecto normal entre o domicilio e o local de traballo (e viceversa) que se denominan accidentes in itinere, nos que estivese implicado un medio de transporte.
 
Partindo da importancia tanto numérica como pola gravidade das lesións que se producen nos accidentes de tráfico (aínda que o número de mortos en estrada descenda nestes dous anos segundo as estatísticas da DXT, segue sendo unha causa importante no número de mortes en España), é necesario manter unha liña de estudo sobre estes accidentes no ámbito laboral para encontrar as medidas máis eficaces para diminuílos.