Silicose


A inhalación de po pode ser causa de diversos tipos de afeccións pulmonares, algunhas relativamente benignas e outras mortais. Isto vai depender, fundamentalmente, da composición química das partículas pulverulentas, aínda que hai outros factores, que se indican no estudio.

A silicose, o paradigma das enfermidades producidas polo traballo, é unha fibrose pulmonar que se produce pola inhalación de sílice.

E que é a sílice?, pois a combinación dun átomo de silicio e dous de osíxeno (SiO2) e o maior compoñente da codia terrestre. É un mineral que pode atoparse como tal ou asociado a outros elementos formando silicatos. A sílice libre pode darse en forma cristalina e amorfa. Todas as formas de sílice cristalina poden causar silicose; agora ben, a cristobalita, a tridimita e o cuarzo son máis reactivas e citotóxicas ca os outros polimorfos

Manuel Gil Fernández, xefe do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro ISSGA de Pontevedra, elaborou este estudo no que se recollen os aspectos máis importantes relacionados con esta enfermidade.