Estudo da evolución da sinestralidade laboral en Galicia, anos 2004-2013


Portado do Estudo da evolución da sinestralidade laboral en Galicia, anos 2004-2013

Dentro do Plan de actividades do Issga do ano 2015, a liña de actuación 2 que corresponde ao Observatorio galego de condicións de traballo, trata da evolución da sinestralidade laboral en Galicia. Na actuación inscríbese a publicación dun estudo sobre a sinestralidade laboral en Galicia cos datos dos accidentes nun período de dez anos. Inclúense os datos de sinistralidade laboral do periodo 2004 a 2013.


Coincidindo co último ano de vixencia do Plan estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014 elaborouse o devandito estudo, ampliando en boa medida a información sobre a evolución interanual dos accidentes en dez anos que se publica nos anuarios do issga.


Ademais dos accidentes laborais con baixa en xornada laboral que se analizan segundo un grupo de variables máis significativas, trátanse os accidentes laborais sen baixa e as enfermidades profesionais declaradas no sistema CEPROSS.


Información recollida neste estudo empregouse para elaborar o diagnóstico previo do borrador para a Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2015-2020, ao constar con series temporais que poden achegar o coñecemento de puntos críticos e sectores de actividade nos que incidir de xeito especial.