
Para coñecer esta nova realidade do tecido empresarial galego o ISSGA pon en marcha esta nova enquisa, coa que procura coñecer como organizan hoxe as empresas a prevención de riscos laborais, cales son as actuais condicións de traballo e como xestionan os riscos psicosociais e a promoción da saúde no entorno laboral.
Neste estudo, mediante a análise dun conxunto de variables seleccionadas, coas cales se desagregan os datos dos accidentes laborais notificados, búscanse as posibles diferenzas da sinistralidade do persoal traballador dependendo da súa idade e especificamente naqueles de 55 anos e maiores.
Para a realización deste estudo utilizáronse os accidentes de traballo con baixa entre os anos 2012 e 2016 descartando os accidentes ocorridos in itinere, dividíndoos en dous grandes grupos:
Neste informe preséntanse os datos dos accidentes sufridos por traballadores por conta propia coas continxencias profesionais cubertas entre os anos 2009 e 2016 inclusive, sendo os datos deste último ano provisionais dado a data de extracción dos mesmos.
Esta ferramenta ten por obxecto sensibilizar ás empresas da importancia da prevención de riscos laborais. Permítelles calcular os custos económicos que supoñen os danos para a saúde derivados do traballo, a magnitude dos custos non asegurados dos mesmos, e a consecuente perda de competitividade que supón a sinistralidade laboral.