As tres enquisas que se presentan están orientadas a estudar e avaliar as condicións de traballo e a xestión da prevención nas empresas galegas. A primeira escolle como poboación de referencia o conxunto dos traballadores, a segunda ás empresas, e a terceira ás empresas localizadas en polígonos industriais.

Entre as conclusións pódese destacar o feito de que a principal modalidade preventiva escollida polas empresas galegas é o servizo de prevención alleo, un 81,60% segundo os responsables das empresas, mentres que só nun 8,70% das empresas enquisadas son os empresarios quen asume persoalmente esta tarefa. A avaliación dos riscos do posto de traballo nos dous últimos anos ascendeu a case o 83% en todo ou parte do centro de traballo nas empresas e, en particular, ao 95% nas empresas de polígonos.