Comisión de Goberno


A Comisión de Goberno é o máximo órgano de dirección do instituto. Os seus membros, agás os designados por razón do seu cargo, serán nomeados por orde da persoa titular da consellería competente en materia de traballo, por proposta das consellerías e das organizacións empresariais e sindicais.


Estará formada por:

1. O presidente ou presidenta da comisión, que será o director ou directora xeral con competencias en materia de relacións laborais. Dª Covadonga Toca Carús - Secretaria Xeral de Emprego.

2. Dous vicepresidentes:

  • O secretario ou secretaria xeral da Consellería de Sanidade, en representación e por proposta desta consellería. D. Alberto Fuentes Losada.
  • O director ou directora da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, en representación da Consellería de Economía e Industria por proposta desta. D. Ángel Bernardo Tahoces.

3. Tres vogais en representación da administración:

  • O director ou directora do instituto. Dª Adela Quinzá-Torroja García.
  • A persoa titular da Subdirección Xeral Técnica e de Planificación. D. Fernando González Abeijón.
  • A persoa titular do Servizo de Seguridade e Saúde Laboral, por proposta do titular da dirección xeral con competencias en materia de relacións laborais. Dª María Coutinho Villanueva - Subdirectora Xeral de Relacións Laborais.

4. Seis vogais en representación dos axentes económicos e sociais, tres a proposta das organizacións sindicais e tres a proposta da organización empresarial.

  • Dª Raquel Seijas Lamelas. Unión Xeral de Traballadores de Galicia.
  • D. Carlos Pérez Fernández. Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.
  • D. Fernando Sabio Maroño. Confederación Intersindical Galega.
  • D. José Antonio Neira Cortés. Confederación de Empresarios de Galicia.
  • D. José Ángel Lorenzo Ramírez. Confederación de Empresarios de Galicia.
  • D. Jorge Somoza Lázare. Confederación de Empresarios de Galicia.

5. Actuará como secretario ou secretaria da comisión, con voz pero sen voto, a persoa titular da Subdirección Xeral de Administración e Persoal do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Dª Patricia García Antelo), actuando como suplente a persoa titular da Xefatura de Servizo de Administración Xeral deste organismo.
 

Correspóndelle á Comisión de Goberno, máximo órgano de dirección do instituto, o desenvolvemento das funcións recollidas no artigo 8º da Lei 14/2007, do 30 de outubro.

  • Establecer os criterios xerais de actuación en materia de seguridade e saúde laboral na Comunidade Autónoma, en virtude das políticas, dos programas e dos plans que estableza o Consello da Xunta de Galicia.
  • Establecer as liñas xerais de actuación do instituto e aprobar o plan anual de actividades.
  • Aprobar o anteproxecto de orzamento anual.
  • Elaborar o seu propio regulamento orgánico de funcionamento.