Benvida


Imaxe da directora do ISSGA Adela Quinzá-Torroja García

Benvido/a á páxina web do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).

Este portal deséñase como un instrumento para dar a coñecer os principais aspectos do órgano técnico das políticas de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia, ao tempo que serve de espazo aberto ás achegas que se fagan por todos os que así o consideren.

De xeito destacado amósanse as diversas actuacións do ISSGA, cuxo maior valor reside en que son accións de desenvolvemento dun plan de actuación compartido e consensuado cos axentes sociais da nosa comunidade autónoma, que teñen participación activa e cualificada no instituto.

Cómpre pois, identificar o ISSGA como un lugar que une sensibilidades e suma esforzos cara a un obxectivo común, avanzar na redución dos accidentes laborais e das enfermidades profesionais a prol dun traballo seguro e de maior calidade en Galicia.

En nome de todo o persoal técnico e administrativo do ISSGA e na miña condición de directora agradezo moi sinceramente o interese en visitar esta páxina, así como ofrezo a nosa colaboración a todos os implicados no complexo e dinámico mundo da saúde e seguridade laboral.

 

Adela Quinzá-Torroja García

Xerente do ISSGA