Xornadas técnicas

As xornadas técnicas teñen como obxectivo analizar e expoñer, dende distintos puntos de vista, un tema específico de interese preventivo.
O tema de debate exponse por especialistas en prevención, técnicos, fabricantes e representantes da administración, organizacións empresariais e sindicatos.
Destinatarios
1. Empresarios, directores técnicos de empresas e institucións públicas.
2. Técnicos e profesionais da prevención de riscos laborais.
3. Cadros e dirixentes sindicais.
Finalidade
Proporcionar aos participantes información e coñecementos sobre a normativa e aspectos técnicos da seguridade e a saúde no traballo.