Innovación para introducir boas prácticas para a prevención de trastornos musculoesqueléticos no traballo. “Sistema MOCAP (Motion Capture). Exoesqueleto”

Inscrición pechada

Data de inicio: 28 de Outubro , 2021
Data de fin: 28 de Outubro , 2021
Data de inicio da inscripción: Inscrición pechada
Data de fin da inscripción: Inscrición pechada
Duración (en horas): 3
Prazas: 25
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Centro Issga_A Coruña


Este taller terá lugar na modalidade mixta (presencial e videoconferenica) e realizarase en colaboración con Asepeyo e que forma parte de las actividades programadas polo ISSGA con motivo da "Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo", ten por obxectivo sensibilizar e informar sobre un tema innovador e de actualidade, os exoesqueletos, que facilitan asistencia física ás persoas durante o desenvolvemento de determinadas tarefas e contribúen á redución de lesións.

A tecnoloxía MOCAP permite poñer ao día a observación dos movementos realizados por unha persoa no desenvolvemento das tarefas que conforman a súa actividade laboral.

O uso desta ferramenta permitirá ampliar a información obtida da observación, captando imaxes da realización da tarefa e xerando animacións 3D e gráficas de amplitude de movemento das articulacións.Grazas a esta información, poderanse detectar as tarefas de alta esixencia física e determinar medidas que eviten lesións á persoa traballadora.
 
Os exoesqueletos ofrecerannos opcións efectivas para determinar as devanditas medidas.
 
Nº máximo de asistentes presenciais: 25 persoas.
O aforo pode variar en función das restricións sanitarias vixentes no momento da celebración do taller.
 
A solicitude de participación presencial farase mediante a cumprimentación do seguinte formulario e a de asistencia na modalidade de webinar a través da seguinte ligazón: https://issga.atservicios.com/innovacion-para-introducir-boas-practicas-para-a-prevencion-de-trastornos-musculoesqueleticos-no-traballo-virtual-ergonomics-exoesqueleto/