Xornadas técnicas

As xornadas técnicas teñen como obxectivo analizar e expoñer, dende distintos puntos de vista, un tema específico de interese preventivo.

O tema a debate exponse por especialistas en prevención, técnicos, fabricantes e representantes da administración, organizacións empresariais e sindicatos.

Índice completo da oferta formativa

Índice de Xornadas técnicas

Xornadas técnicas na Coruña

Innovación para introducir boas prácticas para a prevención de trastornos musculoesqueléticos no traballo. “Sistema MOCAP (Motion Capture). Exoesqueleto”

28 de Outubro , 2021
Inscrición aberta

Este taller terá lugar na modalidade mixta (presencial e videoconferenica) e realizarase en colaboración con Asepeyo e que forma parte de las actividades programadas polo ISSGA con motivo da "Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo", ten por obxectivo sensibilizar e informar sobre un tema innovador e de actualidade, os exoesqueletos, que facilitan asistencia física ás persoas durante o desenvolvemento de determinadas tarefas e contribúen á redución de lesións.

Xornadas técnicas en Lugo

Xornadas técnicas en Ourense

Xornadas técnicas en Pontevedra