Taller de prevención de traballos con amianto. Xestión, manipulación e tratamento_MOS
Data de inicio:
25 de
Novembro
, 2021
Data de fin:
26 de
Novembro
, 2021
Data de inicio da inscripción:
Inscrición pechada
Data de fin da inscripción:
Inscrición pechada
Duración (en horas): 8
Prazas: 15
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Mos
Cursos gratuítos. 8 horas repartidas en 2 xornadas.
Datas. 25 e 26 de novembro
Contido do curso
-
Introdución e nocións normativas
-
Propiedades do amianto e os seus efectos para a saúde, incluído o efecto sinérxico do tabaquismo.
-
Tipos, usos e posible localización de materiais con amianto en edificios, instalacións, etc.
-
Procedementos de actuación se se sospeita que un material contén amianto.
-
Procedementos xerais para facer fronte a unha situación de emerxencia e como evitar o risco de exposición ao amianto.
-
Función, selección e uso de Equipos de Protección Individual EPI adecuados para a realización de actividades con materiais con amianto ou sospeitoso de contelos.
-
Como proceder para reducir a exposición en caso de presenza de materiais con amianto en mal estado ou deteriorados por unha actuación incorrecta ou por estar ao final da súa vida útil ou ser friables.
-
Os procedementos para confirmar a presenza ou non de amianto mediante unha toma de mostra e a súa análise posterior no laboratorio, e quen é a persoa idónea para iso.
Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.
Horario: de 16:30 a 20:30 horas.
Criterios de selección:
No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:
-
Grupo con prioridade 1: Persoal traballador que pode atopar amianto de maneira inesperada durante o seu traballo (mantemento xeral, electricistas, fontaneiros, carpinteiros, etc.) e traballadores da construción.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
-
Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.
Solicitudes:
As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II da convocatoria que se atopa dispoñible en formato editable a continuación (Ficha de inscrición editable).
O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de15 alumnos/as por taller.
As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:
-
Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
-
Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 686 32 95 97
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
-
Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
-
De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)
No caso de cursos que teñan un número de alumnos/as inscritos inferior a 10, o ISSGA poderá optar entre pospoñelos a unha data posterior (sempre que sexa posible en función da data de remate do contrato) ou anulalos, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes. En caso de que se anulen, proporase a súa realización noutro concello.
Máis información no teléfono 686 32 95 97 ou no enderezo proyectos@g2consultores.es