Taller de prevención de prevención do risco químico nos salóns de peiteado_OURENSE
Data de inicio:
07 de
Novembro
, 2021
Data de fin:
07 de
Novembro
, 2021
Data de inicio da inscripción:
Inscrición pechada
Data de fin da inscripción:
Inscrición pechada
Duración (en horas): 4
Prazas: 15
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Asociación de Peluquería de Ourense - Rua Alejandro Outeiriño, 15 – 1º - Aula 12 - OURENSE
Obxectivo
Concienciar sobre os principais perigos e riscos para a saúde derivados dos axentes quimicos perigosos que poden estar presentes nos salóns de peiteado e tratamentos de beleza polo uso continuo e cotiá de tinguiduras e outros produtos e proporcionar pautas de conduta e medidas preventivas axeitadas para evitalos
Contido
1. Risco químico no salón de peiteado.
2. Danos para á saúde:
-
Na pel
-
No sistema respiratorio
-
Outros danos
3. Axentes químicos perigosos máis frecuentes
4. A etiquetaxe dun cosmético
5. Medidas preventivas:
-
Condicións mínimas recomendables dos locais
-
Selección de produtos
-
Hábitos de traballo
-
Equipos de protección individual
-
Vixilancia na saúde
6. Aplicación práctica na aula:
-
Uso apropiado de luvas
-
Uso apropiado de máscaras
-
Uso apropiado da protección ocular
-
Técnicas correctas de uso e retirada dos EPI
7. Primeiros auxilios
Desenvolvemento:
-
Os talleres teñen carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a toda a sesión presencial. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.
-
Horario: en xornada de mañá (9:30-13:30 h).
Persoas destinatarias e distribución das prazas
Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.
Criterios de selección:
No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:
-
Grupo con prioridade 1: Persoal traballador dos salóns de peiteado ou persoal con fomación na materia (previa ou actual).
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
-
Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.
Solicitudes
As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II que se atopa dispoñible en formato editable a continuación. O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por taller.
As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:
-
Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 686 32 95 97
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
-
Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
-
De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)
Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por taller. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.
Acreditación da formación
Ao remate de cada taller o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.
Control e seguimento das accións formativas
O control e seguimento das accións formativas realizarase polo persoal técnico do ISSGA.
Custo dos talleres e financiamento
A asistencia a estes talleres será gratuíta para as persoas seleccionadas.