Curso de prevención de riscos laborais no sector forestal, sobre o manexo seguro da motoserra. CARBALLIÑO

Inscrición aberta

Data de inicio: 07 de Outubro , 2019
Data de fin: 11 de Outubro , 2019
Data de inicio da inscripción: 07 de Agosto , 2019
Data de fin da inscripción: 02 de Outubro , 2019
Duración (en horas): 20
Prazas: 15
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Concello de Carballiño


Cursos gratuitos. 20 horas repartidas en 5 xornadas.
Contido do curso
1.       Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e normativa relacionada. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA (1 hora)
2.       A prevención de riscos laborais no manexo da motoserra (4 horas)
a) Planificación dos traballos de aproveitamento
b) Corta polo pé e procesamento
c) Árbores sentadas e árbores apoiadas
3.       Os equipos de protección individual (EPI) (1 hora)
4.       A prevención de riscos laborais co tractor. Seguridade viaria no manexo de máquinas automotrices por estradas e camiños agrícolas e forestais (1 hora)
5.       Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente. PAS (1 hora)
6.       Práctica de campo. Manexo seguro da motoserra: montaxe e desmontaxe, mantemento e identificación dos dispositivos de seguridade; técnicas de apeo, derramado e tronzado (12 horas)
Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade forestal, agraria ou de xardinería.
Horario: 16:00 a 20:00 horas.
Criterios de selección:
No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:
·         Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
·         Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.
Solicitudes:
As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II e da convocatoria que se atopa dispoñible en formato editable na web do Issga (Ficha de inscrición editable).
O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por taller.
As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:
  • Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
  • Por entrega á empresa xestora, información nos teléfonos 981551704 e 659515371
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
  • Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
  • De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)
Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por curso. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.
Máis información nos teléfonos 981551704 e 659515371 ou no enderezo issga.formacion@xunta.gal