Curso de prevención de riscos laborais no sector forestal, sobre o manexo seguro da motoserra e rozadoira. GUITIRIZ

Inscrición pechada

Data de inicio: 13 de Setembro , 2021
Data de fin: 15 de Setembro , 2021
Data de inicio da inscripción: Inscrición pechada
Data de fin da inscripción: Inscrición pechada
Duración (en horas): 15
Prazas: 8
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Concello de Guitiriz


Cursos gratuitos. 15 horas repartidas en 3 xornadas.
Contido do curso
  1. A seguridade e a saúde no traballo (0,5 horas)

  2. A prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal (2 horas)

  3. Os equipos de protección individual (EPI) (1 hora)

  4. Planificación dos traballos de aproveitamento (1 hora)

  5. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e normativa relacionada. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA (1 hora)

  6. Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente (0,5 horas)

  7. Práctica. Prevención de riscos laborais no manexo da motoserra (5 horas)

  8. Práctica. Prevención de riscos laborais no manexo da rozadoira (5 horas)

Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade forestal, agraria ou de xardinería.
Horario: de 16:00  21:00 horas.
Criterios de selección:
No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:
·         Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
·         Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.
Solicitudes:
As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II  da convocatoria que se atopa dispoñible en formato editable a continuacón (Ficha de inscrición editable).
O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 8 alumnos/as por taller.
As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:
  • Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
  • Por entrega á empresa xestora, información nos teléfonos 981551704 e 659515371
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
  • Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
  • De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

No caso de cursos que teñan un número de alumnos/as inscritos inferior a 8, o ISSGA poderá optar entre pospoñelos a unha data posterior (sempre que sexa posible en función da data de remate do contrato) ou anulalos, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes. En caso de que se anulen, proporase a súa realización noutro concello.

Máis información nos teléfonos 981551704 e 659515371 ou no enderezo issga.formacion@xunta.gal