Curso de prevención de riscos laborais no sector forestal, sobre o manexo seguro da motoserra e rozadoira. RIBADEO
Data de inicio:
06 de
Setembro
, 2021
Data de fin:
08 de
Setembro
, 2021
Data de inicio da inscripción:
Inscrición pechada
Data de fin da inscripción:
Inscrición pechada
Duración (en horas): 15
Prazas: 8
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Concello de Ribadeo
-
A seguridade e a saúde no traballo (0,5 horas)
-
A prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal (2 horas)
-
Os equipos de protección individual (EPI) (1 hora)
-
Planificación dos traballos de aproveitamento (1 hora)
-
Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e normativa relacionada. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA (1 hora)
-
Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente (0,5 horas)
-
Práctica. Prevención de riscos laborais no manexo da motoserra (5 horas)
-
Práctica. Prevención de riscos laborais no manexo da rozadoira (5 horas)
- Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
- Por entrega á empresa xestora, información nos teléfonos 981551704 e 659515371
- Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
- De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)
No caso de cursos que teñan un número de alumnos/as inscritos inferior a 8, o ISSGA poderá optar entre pospoñelos a unha data posterior (sempre que sexa posible en función da data de remate do contrato) ou anulalos, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes. En caso de que se anulen, proporase a súa realización noutro concello.