Taller de formación en prevención das enfermidades da voz no ámbito laboral_Centro ISSGA_A Coruña

Inscrición pechada

Data de inicio: 16 de Novembro , 2021
Data de fin: 23 de Novembro , 2021
Data de inicio da inscripción: Inscrición pechada
Data de fin da inscripción: Inscrición pechada
Duración (en horas): 10
Prazas: 15
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Centro Issga_A Coruña


Obxectivo

Estímase que unha terceira parte da poboación laboral son profesionais da voz, é dicir, son persoas que utilizan a voz como principal ferramenta de traballo, sen a cal non poderían desenvolver as súas tarefas con normalidade. É necesario facilitar aos profesionais da voz acceso a unha formación preventiva teórico-práctica en relación cos riscos derivados do uso continuado e sostido da voz que interveñen na aparición das enfermidades profesionais e como previlas.

Contido

  •     Obxectivos do curso
  •     Que é a voz?
  •     Patoloxía vocal
  •     Conceptos xerais de prevención de riscos laborais e danos para a saúde
  •     Factores de risco
  •     Profesións ou actividades laborais de risco para a voz
  •     A vixilancia da saúde laboral
  •     Medidas de prevención
  •     Técnica vocal
  •     Hixiene vocal
  •     Que facer se aparece unha patoloxía vocal de orixe profesional?
  •     Bibliografía

Desenvolvemento

O taller ten carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.

Data e horario

O taller terá lugar os días 16 e 23 de novembro de 09.00 a 14.00 horas.

Persoas destinatarias e distribución das prazas

Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.

Criterios de selección

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

  •     Grupo con prioridade 1: Profesionais da voz ou persoal con formación na materia (previa ou actual).
  •     Grupo con prioridade 2: resto de persoal.

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición. Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.

Solicitudes

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II que se atopa dispoñible en formato editable a continuación. O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por taller.

As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:

  •     Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
  •     Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 664156403

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

  •     Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
  •     De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

Esixirase un mínimo de 8 alumnos/as por taller. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.

Acreditación da formación

Ao remate de cada taller o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.

Control e seguimento das accións formativas

O control e seguimento das accións formativas realizarase polo persoal técnico do ISSGA.

Custo dos talleres e financiamento

A asistencia a estes talleres será gratuíta para as persoas seleccionadas.