Taller de prevención de traballos con amianto. Xestión, manipulación e tratamento_A CORUÑA

Inscrición pechada

Data de inicio: 29 de Novembro , 2021
Data de fin: 30 de Novembro , 2021
Data de inicio da inscripción: Inscrición pechada
Data de fin da inscripción: Inscrición pechada
Duración (en horas): 8
Prazas: 15
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: A Coruña


Cursos gratuítos. 8 horas repartidas en 2 xornadas.

Datas: 29 e 30 de novembro

Contido do curso:

  1. Introdución e nocións normativas

  2. Propiedades do amianto e os seus efectos para a saúde, incluído o efecto sinérxico do tabaquismo.

  3. Tipos, usos e posible localización de materiais con amianto en edificios, instalacións, etc.

  4. Procedementos de actuación se se sospeita que un material contén amianto.

  5. Procedementos xerais para facer fronte a unha situación de emerxencia e como evitar o risco de exposición ao amianto.

  6. Función, selección e uso de Equipos de Protección Individual EPI adecuados para a realización de actividades con materiais con amianto ou sospeitoso de contelos.

  7. Como proceder para reducir a exposición en caso de presenza de materiais con amianto en mal estado ou deteriorados por unha actuación incorrecta ou por estar ao final da súa vida útil ou ser friables.

  8. Os procedementos para confirmar a presenza ou non de amianto mediante unha toma de mostra e a súa análise posterior no laboratorio, e quen é a persoa idónea para iso.

Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.

Horario: de 16:30 a  20:30 horas.

Criterios de selección:

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

  • Grupo con prioridade 1: Persoal traballador que pode atopar amianto de maneira inesperada durante o seu traballo (mantemento xeral, electricistas, fontaneiros, carpinteiros, etc.) e traballadores da construción.

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

  • Grupo con prioridade 2: resto de persoal.

Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.

Solicitudes:

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II  da convocatoria que se atopa dispoñible en formato editable a continuacón (Ficha de inscrición editable).

O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de15 alumnos/as por taller.

As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:

  • Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal

  • Por entrega á empresa xestora, información no  teléfono  686 32 95 97

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte

  • De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

No caso de cursos que teñan un número de alumnos/as inscritos inferior a 10, o ISSGA poderá optar entre pospoñelos a unha data posterior (sempre que sexa posible en función da data de remate do contrato) ou anulalos, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes. En caso de que se anulen, proporase a súa realización noutro concello.

Máis información no teléfono 686 32 95 97   ou no enderezo proyectos@g2consultores.es