Taller de prevención de riscos laborais dirixidos a traballadores/as de atención directa a persoas con dependencia_NARÓN
Data de inicio:
21 de
Outubro
, 2021
Data de fin:
11 de
Novembro
, 2021
Data de inicio da inscripción:
Inscrición pechada
Data de fin da inscripción:
Inscrición pechada
Duración (en horas): 16
Prazas: 15
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Narón
1. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS ERGONÓMICOS (8 horas)
- a) Riscos por mobilización de persoas con discapacidade motora persoas (4 horas)
- Risco asociado á mobilización manual de persoas
- Alteracións do sistema musculoesquelético e a súa asociación coa sobrecarga biomecánica
- Identificación dos factores de risco
- Estratexia preventiva
- b) Aplicación práctica de técnicas de mobilización de persoas e normas de hixiene postural. Utilización de axudas menores: sabas deslizantes e táboas de transferencia (4 horas).
. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE AOS RISCOS QUÍMICOS E BIOLÓXICOS (4 horas)
- Precaucións básicas fronte ao risco químico e biolóxico.
- Tarefas con risco de contaxio de enfermidades.
- Que facer para evitar contaxios
- Accidentes con risco químico e biolóxico. Que facer
- Pautas para minimizar a transmisión da COVID-19 para traballadores do sector sociosanitario
- Aplicación práctica na aula. Medidas preventivas e actuación en cortes e salpicaduras. Uso de luvas, máscara, bata.
3. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS PSICOSOCIAIS (4 horas)
- Esixencias psicolóxicas. Dobre presenza. Control sobre o traballo. Apoio social e calidade de liderado. Compensacións polo traballo.
- Manexo de persoas con discapacidade cognitiva e patoloxías psiquiátricas
- Aplicación práctica na aula. Simulación de caso real
- Situación actual COVID-19. Efectos psicosociais que se están presentando nos centros de traballo
Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.
- Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
- Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 981392209
- Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
- De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)
No caso de cursos que teñan un número de alumnos/as inscritos inferior a 10, o ISSGA poderá optar entre pospoñelos a unha data posterior (sempre que sexa posible en función da data de remate do contrato) ou anulalos, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes. En caso de que se anulen, proporase a súa realización noutro concello.
Máis información nos teléfonos 981392209 ou no enderezo direccion@gplus.es