Taller PRL para traballadores/as de atención directa a persoas con dependencia. ARTEIXO

Inscrición aberta

Data de inicio: 18 de Novembro , 2019
Data de fin: 21 de Novembro , 2019
Data de inicio da inscripción: 30 de Setembro , 2019
Data de fin da inscripción: 13 de Novembro , 2019
Duración (en horas): 16
Prazas: 15
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Concello de Arteixo


Talleres gratuítos. 16 horas repartidas en 4 xornadas
Contido do taller
1. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS ERGONÓMICOS (8 horas)
a) Riscos por mobilización de persoas con discapacidade motora persoas
▪ Risco asociado á mobilización manual de persoas
▪ Alteracións do sistema musculoesquelético e a súa asociación coa sobrecarga biomecánica
▪ Identificación dos factores de risco
▪ Estratexia preventiva
b) Aplicación práctica de técnicas de mobilización de persoas e normas de hixiene postural. Utilización de axudas menores: sabas deslizantes e táboas de transferencia .
2. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE AOS RISCOS QUÍMICOS E BIOLÓXICOS (4 horas)
a) Precaucións básicas fronte ao risco químico e biolóxico.
▪ Tarefas con risco de contaxio de enfermidades.
▪ Que facer para evitar contaxios
▪ Accidentes con risco químico e biolóxico. Que facer
b) Aplicación práctica na aula. Medidas preventivas e actuación en cortes e salpicaduras. Uso de luvas, máscara, bata.
3. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS PSICOSOCIAIS (4 horas)
a) Esixencias psicolóxicas. Dobre presenza. Control sobre o traballo. Apoio social e calidade de liderado. Compensacións polo traballo.
b) Manexo de persoas con discapacidade cognitiva e patoloxías psiquiátricas
c) Aplicación práctica na aula. Simulación de caso real
 
Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.
 
Criterios de selección:
No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:
·         Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
·         Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.
Solicitudes:
As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II e da convocatoria que se atopa dispoñible en formato editable na web do Issga (Ficha de inscrición editable).
O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por taller.
As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:
  • Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
  • Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 981392209
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
  • Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
  • De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)
Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por taller. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.
 
Máis información no teléfono 981392209 ou no enderezo issga.formacion@xunta.gal