Cursos en liña

A formación en liña nace para facer máis accesible a formación en prevención de riscos laborais, dun xeito sinxelo e eficaz.
Vantaxes
- Chegar ás persoas alonxadas xeograficamente dos centros ou que non poden asistir as accións formativas por incompatibilidade horaria.
- Fomentar e facilitar a formación continua en materia de prevención de riscos laborais.
- Acadar unha formación personalizada, interactiva e eminentemente práctica.
- Afianzar a modalidade de teleformación coma unha ponte cara á igualdade de oportunidades.
Metodoloxía
Unha vez comunicada por correo electrónico a admisión ao curso solicitado, o usuario poderá acceder á plataforma onde se desenvolverá o curso.
Para obter a acreditación correspondente será imprescindible a superación de todas as probas de avaliación: tempo de conexión, envío das actividades e exercicio final presencial que se celebrará en calquera dos catro centros provinciais do ISSGA.
Obxectivos
- Proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención, establecida no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención.
- Proporcionar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.
Destinatarios
- Traballadores en xeral, así como aqueles designados para realizar funcións preventivas de nivel básico na empresa.
- Profesionais que necesiten no seu ámbito profesional posuír coñecementos en prevención de riscos.
- Todas aquelas persoas con inquietudes no ámbito da seguridade e a prevención de riscos na empresa.
Contido
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
- Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
- Primeiros auxilios.
- Prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.
Duración
Curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas, que corresponde ao contido mínimo do programa de formación para o desempeño das funcións de nivel básico, establecido no anexo IV-A) do Regulamento dos servizos de prevención, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero (10 horas).
Requisitos
No se require titulación específica.
Esta formación pode non ser validable aos efectos da formación mínima necesaria para o desempeño das funcións preventivas de nivel básico para os sectores nos que o respectivo convenio colectivo contemple outras especificacións.