Curso de prevención de riscos laborais en liña. Nivel básico. Edicións T01, T02 e T03

Inscrición pechada

Data de inicio: 26 de Setembro , 2017
Data de fin: 23 de Novembro , 2017
Data de inicio da inscripción: Inscrición pechada
Data de fin da inscripción: Inscrición pechada
Duración (en horas): 60
Prazas: 150
Ámbito: España
Lugar de celebración: Teleformación


O PRAZO DE INSCRICIÓN ABRIRASE O 28/08/2017 ÁS 09,00 HORAS E PECHARASE O 06/09/2017 ÁS 23,55 HORAS.

Este curso realizarase na modalidade de teleformación a través da plataforma da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

A solicitude para os cursos básicos de prevención de riscos laborais en liña farase, unha vez que se publique no Diario Oficial de Galicia a correspondente convocatoria, a través da zona de matrícula da EGAP en lugar de cubrir o formulario nesta páxina web, motivo polo que o dito formulario agora non aparece dispoñible.

Para obter a acreditación correspondente será imprescindible a superación de todas as probas de avaliación, envío das actividades e exercicio final presencial que terá lugar en calquera dos catro centros provinciais do ISSGA ou nas dependencias da EGAP en Santiago de Compostela o 23/11/2017 ás 10:00 horas.

Para solicitalos terá que ter unha conta na EGAP (pode creala en calquera momento) e matricularse no curso (no período de inscrición correspondente). De seguido se detallan as indicacións correspondentes:

 CONTA NA EGAP (Pode crearse en calquera momento)

Se vostede xa ten unha conta creada na EGAP, terá que matricularse no curso no período de inscrición correspondente (Do 28/08/2017 ás 09,00 horas ata o 06/09/2017 ás 23,55 horas). Para elo, siga as instrucións que se indican no punto MATRÍCULA NO CURSO.


Se non ten conta na EGAP ou se ten conta na EGAP pero non lembra os seus datos, ten que acceder á zona de matrícula da EGAP, que pode facer premendo na ligazón que figura ao final desta páxina, Acceso á zona de matrícula, ou ben copiando a seguinte ligazón e pegándoa na barra de navegación do seu ordenador:
https://egap.xunta.es/matricula/login.php. A continuación:

·         Se ten conta na EGAP pero non lembra os seus datos, seleccione a opción 2. Recuperar os datos da miña conta na EGAP, indique o seu DNI e enviaranlle os seus datos. Unha vez recuperados, terá que matricularse no curso no período de inscrición correspondente (Do 28/08/2017 ás 09,00 horas ata o 06/09/2017 ás 23,55 horas). Para elo, siga as instrucións que se indican no punto MATRÍCULA NO CURSO

·         Se non ten conta na EGAP, seleccione a opción 1. Rexistrar unha conta na EGAP para solicitar cursos de formación; na seguinte pantalla cubra os datos que se lle solicitan de acordo coas instrucións indicadas. Lembre que debe cubrir todos os campos, se algún deles non se corresponde coa súa situación actual, por exemplo, ENTIDADE DE TRABALLO no suposto de non estar a traballar, debe encher o campo con algún díxito para que non quede baleiro. Se non traballa na Administración, nos DATOS ADMINISTRATIVOS, seleccione as seguintes opcións:

Administración: outros

- Clase de persoal: outro persoal

Unha vez cubertos todos os campos, prema en ALTA e obterá os seus datos para poder facer a matrícula no curso no período de inscrición correspondente (Do 28/08/2017 ás 09,00 horas ata o 06/09/2017 ás 23,55 horas). Para elo, siga as instrucións que se indican no punto MATRÍCULA NO CURSO.

 

MATRÍCULA NO CURSO (durante o período de inscrición)


Logo de acceder cos seus datos á zona de matrícula, que pode facer premendo na ligazón que figura ao final desta páxina, Acceso á zona de matrícula, ou ben copiando a seguinte ligazón e pegándoa na barra de navegación do seu ordenador: https://egap.xunta.es/matricula/login.php, ten que solicitar o curso seguindo as seguintes instrucións:


1. ÁREAS DE FORMACIÓN: Coñecementos transversais

2. NOME DO CURSO: Prevención de riscos laborais. Nivel básico. ISSGA

3. EDICIÓN: Seleccione a que prefira.

 

Se ten relación co posto, marque esta casiña.

 

IMPORTANTE. Pode matricularse en calquera das tres edicións. Antes de escoller a edición que prefira, premendo en cada unha delas pode comprobar o número de persoas que a solicitaron. A selección do alumnado farase por orde de inscrición.


Prema SOLICITAR.


Para confirmar o envío da solicitude, esta deberá aparecer en solicitudes en prazo de matrícula.

Con este paso remata o proceso de solicitude; no prazo aproximado de quince días recibirá unha mensaxe comunicándolle se foi seleccionado para realizar este curso.

 

CONTIDO

Curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas, que corresponde ao contido mínimo do programa de formación para o desempeño das funcións de nivel básico, establecido no anexo IV-A) do Regulamento dos servizos de prevención, cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero (10 horas).


OBXECTIVOS 

Proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención, establecida no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención.


Proporcionar aos empresarios a formación e os coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas propias empresas ou centros de traballo.


DESTINATARIOS 

1. Traballadores en xeral, así como aqueles designados para realizar funcións preventivas de nivel básico na empresa.

2. Profesionais que necesiten no seu ámbito profesional posuír coñecementos en prevención de riscos. 

3. Todas aquelas persoas con inquietudes no ámbito da seguridade e a prevención de riscos na empresa. 


REQUISITOS 

Non se require titulación específica. 


METODOLOXÍA 

1. Solicitude por medios telemáticos.

2. Comunicación de admisión

3. Realización a través da plataforma de EGAP na que poderá acceder as todos os elementos do curso: descargas, consultas, titorías, bibliografía, probas de seguimento, foros, axenda, buzón persoal, etc. 


Para obter a acreditación correspondente será imprescindible a superación de todas as probas de avaliación, envío das actividades e exercicio final presencial que terá lugar en calquera dos catro centros provinciais do ISSGA ou nas dependencias da EGAP en Santiago de Compostela.